Galizionario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo do Galizionario.

O Galizionario, tamén denominado Galicionario, é a versión en galego do Wiktionary, un dicionario multilingüe de contido libre que forma parte dos proxectos da Fundación Wikimedia.

Denominación[editar | editar a fonte]

Creado o 6 de maio de 2004, o nome Galizionario fíxose oficial o día 21 de decembro de 2004 mediante votación da comunidade[1]. O 31 de decembro do mesmo ano pasou a chamarse Galizionario, incorporando o prefixo Gali- no seu nome como xa se viña facendo na Galipedia.

Características[editar | editar a fonte]

O Galizionario recolle vocábulos en todas as linguas xunto coas súas traducións ao galego, sendo as entradas máis numerosas as que se refiren á definición de termos en lingua galega.

Presenta moitas características iguais a outras versións do Wiktionary:

Tamén, como outros proxectos de Wiktionary, presenta un importante uso de modelos, pois as entradas están moi estruturadas e fixadas.

É importante tamén que contén tamén entradas de carácter toponímico[2], nalgunhas palabras presenta corpus fraseolóxicos[3], clasificación onomasiolóxica [4] e mesmo categorización dos fenómenos de evolución fónica dende a suposta etimoloxía[5].

Fitos[editar | editar a fonte]

Crecemento do número de entradas no Galizionario [6]
Linguas máis traducidas no Galizionario

A comezos de 2005, a versión en galego do Wiktionary era o terceiro dicionario da Fundación Wikimedia con máis entradas de todos os existentes naquel momento[7]. O 20 de agosto do 2015 (data na que ocupaba o posto 44)[8] acadaba as 44.867 páxinas, que contiñan máis de 55.700 entradas en 357 linguas; delas, máis de 19.600 eran do galego, pero tamén contaba cunhas 8.220 do castelán[9], 5.032 do italiano[10], 3.664 do francés[11], 2.849 do inglés[12], 1.732 do portugués[13], e outros idiomas, tanto da nosa contorna, como o latín[14], o catalán[15], o vasco[16], ou o alemán[17], como outras linguas máis afastadas, como o cheyenne[18], o chinés[19] ou o suahili[20]. Esta cantidade de palabras convérteo nun dos máis grandes da escasa lexicografía galega de dicionarios en liña e dicionarios bilingües non dirixidos ó castelán.

Desde o 23 de febreiro de 2006, o sistema (en contraste coa Wikipedia) permite crear entradas tanto en minúsculas como en maiúsculas para facilitar o uso da grafía máis precisa en cada caso.

O Galizionario, do mesmo xeito que a Wikipedia, baséase no software wiki e publícase baixo a licenza GFDL.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]