Nebulosa Iris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nebulosa Iris
Nebulosa Iris (NGC 7023 e LBN487) .
Datos para a observación
Época= X2000,0
Tipo de obxecto Nebulosa de reflexión
Ascensión recta 21h 01m 35.60s
Declinación +68° 10′ 10,0"
Distancia 1.300 al
Magnitude aparente 6,8
Dimensións aparentes 18' x 18 arcmin
Constelación de Cepheus
Características físicas
Radio 3 al
Magnitude absoluta ?
Outras designacións NGC 7023 e LBN487, Caldwell 4

A Nebulosa Iris, tamén coñecida coma NGC 7023 e Caldwell 4, é unha brillante nebulosa de reflexión da constelación Cepheus. NGC 7023 é realmente o cúmulo de estrelas que está no interior da nebulosa, a cal está catalogada coma LBN 487; á súa vez, a nebulosa está iluminada por unha desas estrelas, a SAO 19158, que posúe unha magnitude aparente de 7.[1] A nebulosa brilla cunha magnitude de 6,8 e está situada preto da estrela T Cephei que é do tipo de estrelas variables Mira, tamén está preto da brillante estrela variable Beta Cephei (Alphirk) que ten unha magnitude de 3,23. A Nebulosa Iris está a 1.300 anos luz de distancia e ten de seis anos luz de diámetro.[2]

Citas[editar | editar a fonte]

  1. Perkins, Philip (2005). astrocruise.com, ed. "NGC 7023". Arquivado dende o orixinal o 18-05-2008. Consultado o 06-08-2008. 
  2. Nemiroff, Robert; Bonnell, Jerry (04-11-2004). APOD (NASA), ed. "APOD: 2004 November 4 - NGC 7023: The Iris Nebula". Consultado o 06-08-2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]